17/05/2021 Un domingo en San Cristovo

Un domingo en San Cristovo

001
002
003
005
006
007
008
009
010
011
012
013
014
015
016
017
018

Anterior
Siguiente

UN DOMINGO NA CAPELA DE SAN CRISTOVO

  Nos retratos atopamos unha situación do máis común ata fai moi pouquiño tempo. Trátase dos domingos de misa, de rezar, dos domingos de rigor no vestir e tamén de mocear.

  Un domingo calquera no que as mozas lucían as súas mellores roupas para ir á misa, á feira ou ir á festa. Os seus picotes fiados ben finos, os seus panos de peito, panos de cabeza, as súas mantelas de igrexa…

  Con este vestiario, tentei represantar que a escea fose o máis fiel posible ás testemuñas logradas e utilizando para elas, as seguintes pezas con distinta procedencia. Todas elas recupeadas e documentadas.

  • –          Zagalexos en baeta vermella. O máis baixo de Lugo (Recollido por Anxela Paz Rodríguez) mentres que o superior petence á parroquia de San Mateo, concello de Narón (Recorrido e documentado por Alberto Golpe Beceiro ).
  • –          Saia de candil ou picote  en la de ovella negra. Fiada e tecida a mán, decorada con veludo e unhas pezas de franelilla na cintura. Documentada no concello de Irixoa (Recollida por Francisco Rodríguez)
  • –          Raxeta. Elaborada en picote fino mesturando distintas cores. Documentada en Portomarín por Francisco rodríguez e recreado no tear por Alberto Golpe Beceiro.
  • –          Panos antigos en la e percal. Pezas de colección propia.
  • –          Xoiería: Aderezo de candelabro feito a man enfiado coas súas corenta contas e uns brincos de fuso.
  • Mandil de mostra ou mantela montañesa recollido en Sarria. Colección propia.

Esta primeira entrada de blogue está adicada a unha estreliña relumbrante que tivo un gran significado en todo este proxecto e que dalgún xeito, seguirao a ter.

FELIZ DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2021
Etiquetado en:

Un comentario sobre “Un domingo en San Cristovo

  1. Encántanme as fotos todas👌👏👏😍😍😍 son unha pasada!!! Aroa era unha artista💜
    Yerai, ela estaría ben orgullosa do que estás conseguindo e de aportar o seu grao de area no teu proxecto. Fermosa lembranza que lle fixeches🥰 Parabéns polo teu traballo, apertas grandes e bicos ata ás estrelas😘😘😘💫✨

Deja una respuesta