Mochila Curtis laranxa

45,00

  • Tecido en candil 100% artesanal.
  • Cordón adaptable a calquer tamaño.
  • Tamaño pandeireta de 9 pares.
  • IVE  engadido.

Disponible para reserva

Descripción

– Mochilas confeccionadas íntegramente en Candil copiando os patróns antigos localizados en distintos puntos da nosa comunidade. Modelo orixinal recuperado nos anos 80 por Francisco Rodríguez Fernández (Pancho) no concello de Curtis e reproducido fielmente por Alberto Golpe Beceiro.
– Mochilas tecidas en tear antigo o cal da un remate idéntico aos tecidos antigos.
– Contan cun bolso interior de algodón con cremalleira. Este tecido tamén foi moi empregado en pezas interiores do noso traxe podendo atopalo en zagalexos, rodos, forros de chaleques, etc.
– Materiais de primeira calidade. Urdime en fío 100% algodón cor natural xunto coa trama en la 100% de un só fío e moi pouco virada para tentar semellar ao máximo a fiada á man.
– O Candil (tamén coñecido coma picote, xerga ou burel) é unha tea 100% artesanal xa que pola súa técnica de tecido non se logrou industrializar.

 

 

Valoraciones

No hay valoraciones aún.

Sé el primero en valorar “Mochila Curtis laranxa”

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *