Descripción
– Mochilas confeccionadas íntegramente en Candil copiando os patróns antigos localizados en distintos puntos da nosa comunidade. O modelo orixinal atópase no museo da Terra de Melide. Patrón do tecido cedido por Alberto Golpe Beceiro.
– Mochilas tecidas en tear antigo o cal da un remate idéntico aos tecidos antigos.
– Contan cun bolso interior de algodón con cremalleira. Este tecido tamén foi moi empregado en pezas interiores do noso traxe podendo atopalo en zagalexos, rodos, forros de chaleques, etc.
– Materiais de primeira calidade. Urdime en fío 100% algodón cor natural xunto coa trama en la 100% de un só fío e moi pouco virada para tentar semellar ao máximo a fiada á man.
– O Candil (tamén coñecido coma picote, xerga ou burel) é unha tea 100% artesanal xa que pola súa técnica de tecido non se logrou industrializar.
Valoraciones
No hay valoraciones aún.